sábado, 21 de noviembre de 2009

OS PROBLEMAS DE CONDUTA, A FAMILIA, OS LÍMITES E AS NORMAS

"A nosa xuventude é decadente e indisciplinada. Os fillos non escoitan xa os consellos dos pais. O fin dos tempo está proximo"

Esta frase poderiamos ubicala con toda seguridade na época actual, pero a realidade é que data do 2000 antes de Cristo.A educación das novas xeneracións é algo que nos ven preocupando dende sempre.

"Demasiados fillos teñen hoxe todo o que queren e nada do que precisan. A mensaxe que debemos susurrar ao oído no noso fillo é sinxelo: ámote incondicionalmente" (Siegel, 1995).
Hoxe en día atopamos moitos rapaces e rapazas, nenos e nenas, que fan o queren sen que a súa familia ou o profesorado poida establecer ningún tipo de límite. Están acostumbrados a non recibir un "non" por resposta, e esta ausencia crealles confusión.
Ë fundamental establecer límites e normas, a súa ausencia deixa indefensos a rapazas e rapaces.
Manuel Armas no seu libro Prevención e intervención ante problemas de conduta fala dun estilo educativo recreador, que compaxine de forma equilibrada normas, diálogo e autonomía. Ter normas pero sen dialogar e sen poder comportarse con autonomía, é autoritarismo. Dar autonomía sen normas é abandono. O diálogo sen normas é premisivismo. Hai que empezar por establecer unhas normas e aplicalas. Unha vez que están consolidadas, podemos ir dando maior autonomía a través do diálogo, para ir responsabilizando ó neno ou nena pouco a pouco. Manuel Armas sinálanos que "medrar sen normas xenera trastornos de conduta, medrar sen amor e diálogo xenera maltrato e medrar sen autonomía produce ansiedade e inseguridade".

domingo, 15 de noviembre de 2009

BUSCADOR DE FERRAMENTAS PARA A AVALICIÓN PSICOPEDAGÓXICA

Nesta páxina podedes atopar un buscador no que introducir a idade do neno ou nena e o aspectos do desenvolvemento que queremos avaliar para buscar os instrumentos de avaliación máis axeitados.
Preme sobre o enlace para acceder á páxina. Tamén colguei o enlace na columna dereita do blog.

TICNE

PROXECTO HOLA DO PORTAL DE EDUCASTUR

PROXECTO HOLA DO PORTAL DE EDUCASTUR
Coñecer as diferentes profesións