domingo, 21 de marzo de 2010

PRESENTACIÓN COMPLETA DO OBRADOIRO DE MEDIACIÓN




Aquí tedes a presentación completa do Obradoiro de mediación, que abrangue 7 sesións, aínda que non inclúe as actividades prácticas elaboradas co alumnado a partir da análise de casos que van sucedendo do centro no día a día da convivencia entre alumnos e alumnas, mestras e mestres co alumnado.

PRESENTACIÓN POWERPOINT "OBRADOIRO DE MEDIACIÓN"

sábado, 13 de marzo de 2010

INICIAMOS O OBRADOIRO DE FORMACIÓN DE MEDIADORES E MEDIADORAS

Esta semana iniciei a formación de mediadores e mediadoras entre o alumnado de 6º de Educación Primaria no meu centro. Déixovos aquí o material que estou empregando:
- POWERPOINT SESIÓN 1
- POWERPOINT SESIÓN 2
- VÍDEO PARA TRABALLAR CANDO É NECESARIO MEDIAR E CÓMO INICIAR O PROCESO DE MEDIACIÓN

- VÍDEO SOBRE O PROCESO DE MEDIACIÓN E AS HABILIDADES IMPLICADAS

- VÍDEO SOBRE BULLYNG

- VÍDEO LEY DO SILENCIO (Bullyng)

martes, 9 de marzo de 2010

SIMULADOR DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS


Interactuando con personaxes e obxectos, tanto nunha sala de profesores/as coma nun aula con alumnado, ousuario intervendrá en diversos conflitos con nenos e nenas entre 0 e 3 anos, e preparará o plan de prevención correspondente a cada caso.
ACCESO Á NOVA

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CEIP DE QUIROGA

Con motivo do Día Internacional da Muller no centro realizamos unha serie de actividades de sensibilización ao longo da semana previa á celebración desta data:

- Educación Infantil e 1º ciclo realizaron marcapáxinas con profesións que poden realizar tanto homes coma mulleres.

- O segundo ciclo realizou murais con características e profesións de mulleres, así como biografías de mulleres importantes ao longo da historia.

- O Terceiro ciclo realizou o cartel para o centro recortando caras de mulleres para formar as letras "8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"

O luns, 8 de marzo de 2010, os diferentes ciclos tiveron Contacontos e Obradoiros grazas á colaboración do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Quiroga.
- 5º curso realizou un obradoiro coa Orientadora do Centro sobre a publicidade e os roles e estereotipos sexistas.Por grupos e con folletos de catálogos de xogueterías os nenos e nenas buscaron como cada xoguete vai dirixido a un sexo, que cores se empregan en función de se son para neno ou para nena, que aprendizaxes provocan (aprender a facer as tarefas de casa, coidar, competir, pelexar, etc) en nenos e cales en nenas, etc.
- 6º curso tivo un obradoiro coa Orientadora do centro sobre os estereotipos sexistas nas películas infantiles, traballando sobre o conto da Cincenta, para reflexionar de como se transmite a idea nas nenas dun príncipe salvador (ou dun arquitecto, obreiro, mestre, avogado, etc. salvador), así como a caracterización dos personaxes femininos (sensibles, indefensos, ...) e dos masculinos (valentes, con iniciativa, ...).

PROXECTO HOLA DO PORTAL DE EDUCASTUR

PROXECTO HOLA DO PORTAL DE EDUCASTUR
Coñecer as diferentes profesións